ee

ee

miércoles, 17 de febrero de 2016

RECURSOS PARA EL AULA

holaa  xente, deixovos aquí esta reflexión de dous recursos:

Na ficha de análise dos recursos elixira dúas páxinas web, unha trataba sobre xogos que se lle poden facer a nenos e nenas de 5º de primaria e a outra eran unha serie de vídeos que trataban sobre a educación en igualdade.
Por unha parte escollín a páxina web na cal se dan diferentes xogos para os nenos e nenas de 5ª de primaria porque nos mostran unha gran variedade de cómo podemos facer para que os educandos e educandas se poidan divertir e mellorar a súa aprendizaxe, xa que cos xogos pódese mellorar a capacidade creativa destes e tamén axuda a que haxa máis respecto  e amizade entre todos os compañeiros.
Por outra parte escollín a páxina web dos vídeos sobre a educación en igualdade porque na escola debe haber unha educación na que poidan acceder con facilidade ambos os sexos (masculino e feminino), os docentes non deben ter preferencia por un sexo en concreto, senón que deben dar unha educación que non exclúa aos nenos ou as nenas. A educación tamén debería estar a dispoñibilidade de todos, é dicir, que poidan acceder a educación tanto nenos e nenas de familia acomodada como alumnos e alumnas de clase máis baixa.

Como conclusión escollín estes dous recursos debido a que son moi importantes hoxe en día, porque todos os nenos e nenas deben ter o dereito de poder divertirse e tamén de poder recibir unha ensinanza que acolla a todos e non só a certos nenos e nenas .

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Deja tu comentario aquí

Cute Yellow Pencil Cute Yellow Pencil