Moi boas a tod@s, hoxe deixovos acá unha páxina na cal aparecen diversas ferramentas TIC sobre como tratar a igualdade entre os homes e as mulleres, xa que a igualdade de xénero constitúe un dos temas pendentes tanto na sociedade como no currículo actual. Aínda que aparece de xeito trasversal en moitas asignaturas, a eliminación de Educación para a cidadanía restou espazo a este tema, fundamental para construír unha sociedade moderna e igualitaria. A educación é a principal ferramenta para combater a violencia machista, desterrar o sexismo e formar aos nenos e nenas en igualdade.
Un exemplo pode ser: Machista en rehabilitación. Divertida guía para a detección do machismo dirixida a mozos e mozas. Axuda a recoñecer as actitudes sexistas e micromachismos e inclúe un divertido test para todos os alumnos onde poden evaluar si o seu comportamento é ou non machista. Ademais, inclúe consellos para combater estas actitudes e historias para debater e analizar en clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Deja tu comentario aquí