Pinchai acá para o enlace
COMENTARIO:
Este é un xogo educativo no cal os nenos e nenas teñen que memorizar os números nun certo tempo e despois intentar recordalos na orde no cal se lle propuxo. Estes números apareceranlle nunhas mazás e despois eles van ter que ir enumerando as mazás según a orde. Canto máis avances máis complexo se irá facendo.
Este xogo ten diversas vantaxes como pode ser o desenvolvemento da memoria xa que hai que memorizar os números e ademais diso pódese conseguir a aprendizaxe dos números. Outra vantaxe é que non hai tempo límite para resolver o xogo proposto, polo que os nenos van estar máis tranquilos e poder pensa con tranquilidade e calma.
Pero ao mesmo tempo que ten vantaxes tamén ten algún inconveniente, xa que se os nenos e nenas se volven adictos a estes xogos poden provocar problemas na vista pero tamén outros dilemas como pode ser a marxinación, debido a que van querer estar todo o tempo diante do ordenador; outra desvantaxe tamén pode ser que en vez de practicar estes xogos se poñan a entrar en páxinas que non deberían ou a realizar outros xogos.
Na miña opinión estou a favor destes xogos xa que con eles pódese aprender ao mesmo tempo que se divirten e deste modo as cousas retéñense mellor nos educandos e educandas. O que tamén creo e que os pais deberían controlar aos nenos a hora de xogar xa que como dixen antes poderían estar mirando outras cousas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Deja tu comentario aquí