Os recursos déronme a primeira vista unha boa impresión debido a que presentan moitas vantaxes, algunas delas poden ser: a mellora da expresión oral; unha mellor adaptabilidade para os nenos e nenas, xa que se forman traballos en grupo co fin de conseguir unha boa relación entre os alumnos e alumnas, especialmente para os procedentes doutros países, e con esto de traballar en grupo fai que entres o alumnado se teñan que prestar as súas cousas, deste modo aprenden a compartir;os traballos en grupo tamén contribúen a consecución das competencias básicas e dos obxectivos educativos e tamén a que moitos alumnos e alumnas melloren a súa comunicación verbal e escrita;a transmisión de valores educativos e culturales; pódese aprender mentres se xoga, desta maneira os nenos e nenas porían un maior entusiasmo na actividade polo cal aprenderían máis.; outra vantaxe podía ser covencer aos nenos e nenas do cambio das consolas polos ordenadores no seu tempo de lecer, xa que nos ordenadores pódense realizar xogos nos cales o alumnado están aprendendo ao mesmo tempo que se están divertindo.
Pero tamén pode haber inconvenientes, xa que se un neno ou nena está sentado diante do televisor a todas as horas sen o control dos país, estes nenos e nenas van ter moitos problemas, debido a que se acostumarán a esta vida e despois non farán outras cousas como pode ser os deberes, polo que os pais e nais deberían controlar estas situación e non deixar que os seus fillos e fillas fagan o que lles interese máis.
Na miña opinión, creo que os recursos son positivos, xa que se aprende moito con eles, pero non sólo aprenden os nenos e nenas senón que toda a comunidade está constantemente aprendendo. Tamén penso que a parte negativa, os inconvenientes dos recursos se poderían evitar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Deja tu comentario aquí